Margarida

Leucanthemum vulgare, Serra de Enciña de Lastra

Margarida é o nome popular común a unha gran variedade de plantas e flores. En realidade é un termo controvertido. Podería aplicarse só a planta herbácea das compostas (Bellis perennis), de follas dentadas ou fendidas e flores en capítulo, cun botón central amarelo e a corola branca; pero non existe gran concordancia entre os autores en canto á utilización deste nome, que presenta moitas variantes. Hai mesmo quen designa como "margarida" calquera planta da familia das Compositae ou compostas.

É habitual que se consideren margaridas:


Developed by StudentB